venres, 30 de novembro de 2018

Mes da ciencia no Isidora Riestra

Remata o mes de novembro, que adicamos as ciencias no noso colexio.

Comezou coa visita dos científicos de Ciencia en movemento que explicaron

con exprimentos moitos fenómenos que nos pareceron casi máxicos.


        20181114_111232

Estes experimentos que aprenderon os e as rapazas de 3º e 4º, trasladaronllos

despois aos mais pequerrechos….


   20181127_12071820181127_12093220181127_121021

20181127_12193220181127_12131920181127_121413

                  20181127_12152320181127_121133


Houbo un museo da ciencia onde estaba prohibido non tocar e onde os rapaces e rapazas

de 5º e 6º disfrutaron a tope.

Tivemos explicacións de maquetas do sistema Solar e outros experimentos  por parte das

rapazas de 5º aos seus compañeiros de cursos inferiores.

   20181123_120858         20181123_120905

Os rapaces e rapazas de 3º experimentaron con “volcáns” e fixeron simulacións de erupcións

pero sen nada de perigo.

  20181105_135427     20181105_135431

Isto non remata  aquí, é so o comezo e de seguro os neos e nenas do colexio aprenderan moitos

novos experimentos que poderán explicarnos nas próximas edicións  do Mes da ciencia.


Tedes máis información no seguinte enlace ou na páxina do cole.

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual2/file.php/1/Curso%202018-2019/ciencias.wmv

Ningún comentario:

Publicar un comentario