venres, 8 de xuño de 2018

Visita dos avós e avoas do “Taller da memoria”

 


  Onte viñéronnos  ver a biblioteca os nosos maiores do Obradoiro da memoria,que se realiza

aquí en Poio.Traían gañas de falar e contaron cousiñas de cando eran rapaces, de como era a

escola, de como vestían, de que comían e do moito que traballaban… Os rapaces fixeron

preguntas e parecían ben atentos.

  Tamén nos contaron cousas dos seus traballos e profesións …..

Pasamos un ratiño moi agradable.

Para rematar repartiron un agasallo para nenos e nenas e eles

recompensáronos con apertas e bicos…

    20180607_100510         20180607_100711

    20180607_100719         20180607_105121

20180607_105612  20180607_105828  20180607_105042


Graciñas a Ana e a profesora dos maiores pola súa colaboración.

mércores, 6 de xuño de 2018

Despedida para os axudantes da biblioteca

Hoxe reunimos a todas e todos os axudantes de biblioteca para darlles un pequeno agasallo

por todo o traballo realizado ao longo do curso.Darlle as grazas por todo o esforzo  en manter a

biblioteca en orde,por facer o empréstito,por axudar na catalogación,por preparar carteis,

exposicións… en definitiva por facer todo o que se lles  solicitou.

Despedímonos con tristura dos rapaces e rapazas de 6º: Alejandro,Iria,Jennifer,Andrea,Carla,

Adrián, de 6º B e Pablo,Martín,Héctor e Carlota de 6º A que marchan para o  IES o próximo curso,

esperando que sigan alí colaborando na biblioteca.


                                 20180605_133241

Aos alumnos de 5º:  Juán,Leila,Adriana,Noa,Diego e Manuel,decirlles so ¡hasta o próximo curso!

coa esperanza que volvan a participar como axudantes da biblio.

                                          

                                 IMG-20180606-WA0004

venres, 1 de xuño de 2018

Despedida de Rebecca

Onte celebrouse no cole,o día de Escocia,como homenaxe e despedida a Rebecca,a auxiliar de

conversa que nos acompañou dende outubro.Por iso corredores e recunchos apareceron cheos

de traballos,exposicións,manualidades…dedicadas a Escocia,a súa pais de orixe.


20180525_110411        20180525_110346

                 20180525_110330

               20180530_140009        20180530_140036

20180530_14004420180530_140027

Realizáronse ademais varias escenas teatrais relacionadas co tema, na aula de audiovisuais e a

continuación, todos xuntos,no ximnasio bailamos unha fermosa danza escocesa.

Bye,bye Rebecca !!!