Onte celebrouse no cole,o día de Escocia,como homenaxe e despedida a Rebecca,a auxiliar de
conversa que nos acompañou dende outubro.Por iso corredores e recunchos apareceron cheos
de traballos,exposicións,manualidades…dedicadas a Escocia,a súa pais de orixe.
Realizáronse ademais varias escenas teatrais relacionadas co tema, na aula de audiovisuais e a
continuación, todos xuntos,no ximnasio bailamos unha fermosa danza escocesa.
Bye,bye Rebecca !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario