sábado, 2 de novembro de 2019

Día das bibliotecas

Celebramos o día das bibliotecas con unha pequena obra de teatro escrita e dirixida por Lara Rodríguez, alumna de 6º, que xunto con algúns dos seus/súas compañeiros/as fixéronnos reflexionar sobre a importancia dos bosques e o coidado e conservación dos mesmos.









xoves, 3 de outubro de 2019

RECEITARIO DE CURSO

COMEZAMOS O OUTONO COA RECEITA DO MARMELO, ELABORADA NAS AULAS DOS MÁIS PEQUENOS.








"APERTURA DA BIBLIOTECA DO COLE"

ESTE MARTES, 1 DE OUTUBRO, ABRIUSE AO PÚBLICO A BIBLIOTECA DO COLE.
ALUMNOS/AS DE 6º DE PRIMARIA AMOSARON O FUNCIONAMENTO DA MESMA AO RESTO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
TAMÉN SE FIXO ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS  DO CONCURSO "UNESCO E MEDIOAMBIENTE".
PARA REMATAR, OBSEQUIOUSE A CADA NENO/NENA CUN PIN DE ALIBRÍN, A NOSA MASCOTA.













martes, 1 de outubro de 2019

xoves, 28 de marzo de 2019





          Onte fíxose a entrega de premios do VI Certame de Poesía do Ceip Isidora Riestra

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/?q=node/191

 


A pasada semana celebrouse a Semana da Prensa .
Levaronse a cabo distintas actividades nas aulas,tanto de lectura como de escritura 
tomando como recurso a prensa escrita,xornais e revistas.Situouse nos corredores un quiosco 
con prensa para acceder libremente a lectura dos mesmos.




sábado, 2 de febreiro de 2019






                                     30 de xaneiro
           

           
         Hoxe, Día da Paz ,recordamos desde o noso centro a figura de catro activistas
        indíxenas que loitaron pola defensa do medioambiente e pola paz nos seus países,
        chegando a dar algunha, incluso a súa vida,como no caso de Berta Cáceres.
.               



               As outras mulleres homenaxeadas son :
           Lolita Chavez ,Lorena Cabnal  e Rigoberta Menchú.

     









       



 O alumnado realizou estes murais que están colocados no corredor da biblioteca.

        Estaban previstas para hoxe outras actuacións no exterior do centro que debido o mal tempo
       foron pospostas para os próximos días.
          
          Ademáis na hora do “Plan Lector” desta semana ,catro alumnas representaron na biblioteca
       a escenificación dunha entrevista a estas mulleres de Paz e que poderán ver os alumnos  e que
       colgaremos neste blog en breve.