Remata o mes de novembro, que adicamos as ciencias no noso colexio.
Comezou coa visita dos científicos de Ciencia en movemento que explicaron
con exprimentos moitos fenómenos que nos pareceron casi máxicos.
Estes experimentos que aprenderon os e as rapazas de 3º e 4º, trasladaronllos
despois aos mais pequerrechos….
Houbo un museo da ciencia onde estaba prohibido non tocar e onde os rapaces e rapazas
de 5º e 6º disfrutaron a tope.
Tivemos explicacións de maquetas do sistema Solar e outros experimentos por parte das
rapazas de 5º aos seus compañeiros de cursos inferiores.
Os rapaces e rapazas de 3º experimentaron con “volcáns” e fixeron simulacións de erupcións
pero sen nada de perigo.
Isto non remata aquí, é so o comezo e de seguro os neos e nenas do colexio aprenderan moitos
novos experimentos que poderán explicarnos nas próximas edicións do Mes da ciencia.
Tedes máis información no seguinte enlace ou na páxina do cole.