mércores, 24 de outubro de 2018

Alibrín invítanos á festa na biblioteca

Hoxe,24 de outubro, celébrase o Día internacional da biblioteca. Alibrín invitounos á festa na

biblioteca do noso cole.

Comezamos coa presentación dos voluntarios e axudantes que explicaron as normas de

funcionamento tanto para o novo alumnado como, a modo de recordatorio, para o resto.

IMG-20181024-WA0063        IMG-20181024-WA0052          

IMG-20181024-WA0053        IMG-20181024-WA0056      

IMG-20181024-WA0057        IMG-20181024-WA0030

En segundo lugar pasamos a elección dos finalistas do concurso “Desplastifícate”.Os carteis

escollidos foron os  seguintes:

Gabriel  e Angela (2ºA); Daniela (2º B); Maia (4º); Iria, Karla e Noa (6º B);Uxía e Laura (6º A) e

a Tartaruga atrapada no plástico.Todos eles formarán parte do cartel promocional da campaña

“Desplastifícate” que tecomo fin a concienciación do uso abusivo do plásticos e a contaminación

dos mares que se levará a cabo no cole,en colaboración co concello de Poio e desde a

coordinación das Escolas Asociadas Unesco.

IMG-20181024-WA0037     IMG-20181024-WA0008

IMG-20181024-WA0007   IMG-20181024-WA0025

Para rematar os alumnos e alumnas de 6º prepararon un poema dramatizado titulado :

O sillón das estacións”.Gustoulle a todos, a pesar da tronada que nos deu algún que outro susto.

IMG-20181024-WA0062IMG-20181024-WA0027

Ningún comentario:

Publicar un comentario