Neste día de Halloween, os nenos e nenas do Isidora Riestra,viñeron disfrazados
de cabazas e outros monstruos e acudiron as diversas aulas para facer o Truco ou
Trato, coas profes de Inglés.
Os corredores estaban adornados con centos de cabazas terroríficas.
Tendes mais información na páxina do cole : ceipisidorariestra@edu.xunta.es
As familias colaboraron nos obradoiros tanto valeirando cabazas, como elaborando
merendas terroríficas e outras manualidades.
A biblioteca fixo unha exposición de contos de medo e organizou, en colaboración
con dinamización lingüística, un concurso sobre o Samaín,para todo o alumnado.
Houbo moita participación tanto en relatos de medo coma en debuxos de Samaín.
Os gañadores e gañadoras daránse a coñecer o próximo venres 9 de novembro.