Onte viñéronnos ver a biblioteca os nosos maiores do Obradoiro da memoria,que se realiza
aquí en Poio.Traían gañas de falar e contaron cousiñas de cando eran rapaces, de como era a
escola, de como vestían, de que comían e do moito que traballaban… Os rapaces fixeron
preguntas e parecían ben atentos.
Tamén nos contaron cousas dos seus traballos e profesións …..
Pasamos un ratiño moi agradable.
Para rematar repartiron un agasallo para nenos e nenas e eles
recompensáronos con apertas e bicos…
Graciñas a Ana e a profesora dos maiores pola súa colaboración.