Hoxe visitounos Laura,a avóa de Sofía de 2º A,que nos veu contar cousas de cando era moza.
Contounos que foi moi pouco a escola e que deseguida comezou a traballar.Recordou que na súa
casa tiveron a primeira televisión de Campelo e que tiña unha tenda que lle chamaban a do
“Carallán”.
Mais tarde tivo un restaurante, “Casa Laura” onde se organizaban as mellores bodas da contorna e
onde inda sigue con 87 anos, facendo de comer cada día.
Esta muller foi outra das homenaxeadas no concello de Poio,no programa Vivencias de Muller 2018.
https://www.youtube.com/watch?v=b3BfqfAX-tI
Por certo quedamos invitados/as a pasar pos Casa Laura e probar a súa tortilla.
GRACIÑAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario