martes, 24 de abril de 2018

Semana do libro

Continuamos coas actividades da Semana do libro.

Hoxe Alibrín deixounos unha nova adiviña.

  

        20180424_121732

Sabedes a solución?

A reposta correcta para a adiviña de onte, luns, era: manguera.

Moitas felicidades ao gañador Alejandro Alonso,de 6º B.

                                         …………………….

Na hora de ler tivemos novas actividades.Primeiro  a interpretación de dous poemas

de Gloria Fuertes, “Como se dibuja un gato” y “Doña Pito Piturra”, a cargo dos rapaces

e rapazas de 1º.

                20180424_123549              20180424_123916


A continuación alumnos e alumnas de 5º cantaron “Un globo,dos globos ,tres globos”

con letra de Gloria Fuertes.

                                    20180424_124338

                                     20180424_124333


luns, 23 de abril de 2018

Actividades “Semana do libro”

20180423_140523

Hoxe comezaron as actividades para celebrar “O dia do libro” no noso colexio que este ano está

adicado a Gloria Fuertes.

Apareceu na entrada do cole Alibrín invitándonos a descifrar unha adiviña.

                             20180423_140447

Os que soupesen a resposta debían escribila xunto ao seu nome nun papel e botala nunha

furna.De entre todolos acertantes escolleremos o gañador,que recibirá un agasallo.


Despois do recreo empezaron as actividades na biblioteca.Hoxe luns tocoulle aos/as de 6º

de primaria que nos falaron da vida e a obra de Gloria fuertes.


20180423_123831    20180423_124359

                                       20180423_123528

Texto de Fran Alonso para o Día do libro

diptico_diadolibro18_2

Interesante texto de Fran Alonso que nos leva a reflexionar sobre a importancia da lectura.

Feliz Día do libro!!!

venres, 20 de abril de 2018

Fallo do concurso Xaime Illa

XXVIXaimeIlla

No Concurso Literario Xaime Illa Couto 2018 celebrado en Poio,

resultaron  gañadores nas diferentes categorías os seguintes:

- Grupo A: de 6 a 8 anos*.

Poesía  A-1   Carolina Miguéns Pérez  

Relato A-1   Silvia Villaverde Alonso          

- Grupo B: de 9 a 11 anos*.

Poesía B-7    Jessica Hespanha Baldasso      

Relato B-10    Ainhoa Blanco Tarrio

-Grupo C: de 12 a 13 anos*.

Poesía C-1    Hatim Ajab Aboufaris

Relato C-1    deserto

-Grupo D: de 14 a 15 anos.*

Poesía  D-1    deserto

Relato  D-1    deserto  

-Grupo E : de 16 a 18 anos.*

Poesía E-1    deserto

Relato E- 1    deserto 

-Grupo F: de 18 anos* en diante.

Poesía F-34    Darío Barro López

Relato F-37    Antía Yáñez Rodríguez

A entrega de premios terá lugar na Casa de Cultura Xaime Illa de Raxó o mércores, día 17 de maio de 2018.

Felicitacións aos gañadores!

xoves, 19 de abril de 2018

Visita de Braulio

                 20180418_103118 

20180418_10305720180418_103106


Onte visitou o noso centro un especialista en herbas,Braulio.

Chegou aa aulas de 6º cargado de plantas que atopou polo camiño da entrada ao colexio

e explicounos que aquelas herbas non eran maleza e que noutros tempos

as usaban para curar ou para comer.

Falounos dos nomes científicos das plantas, que veñen do latín e do seu nome vulgar.

Díxonos que alguns tipos de silvas se poden comer e algúns a probaron!!

20180418_103615       20180418_104123

20180418_10421520180418_104216

Máis tarde saímos  fora e contounos miles de datos curiosos das plantas que medran

no patio,procedencia,características,utilidades…

Esta claro que nunca máis veremos toda esa flora que nos rodea da mesma maneira.

Como dixo Braulio “ Se coñeces o que tes arredor, aprendes a coidalo”

venres, 13 de abril de 2018

Visitando o”Salón do Libro”

Hoxe o alumnado de Infantil ,3º e 4º  visitou o “Salón do Libro” de Pontevedra

no que colaboramos tódolos anos.

IMG-20180418-WA0012  IMG-20180418-WA0011   IMG-20180418-WA0013


Este curso participamos cunha chea de  contos que protagonizaban mulleres importantes,

escritoras,poetisas,deportistas,pintoras…

Fixeron un expositor para os traballos de nenos e nenas sobre o tema Mulleres de conto.

IMG-20180418-WA0007    IMG-20180418-WA0006


Visitaron o Salón e participaron nas distintas actividades programadas.

IMG-20180418-WA0002IMG-20180418-WA0003

martes, 10 de abril de 2018

Visita de Laura

Hoxe visitounos Laura,a avóa de Sofía de 2º A,que nos veu contar cousas de cando era moza.

Contounos que foi moi pouco a escola e que deseguida comezou a traballar.Recordou que na súa

casa tiveron a primeira televisión de Campelo e que tiña unha tenda que lle chamaban a do

“Carallán”.

Mais tarde tivo un restaurante, “Casa Laura” onde se organizaban as mellores bodas da contorna e

onde inda sigue con 87 anos, facendo de comer cada día.

20180410_11212420180410_112149

                                   20180410_112206

Esta muller foi outra das homenaxeadas no concello de Poio,no programa Vivencias de Muller 2018.

https://www.youtube.com/watch?v=b3BfqfAX-tI

Por certo quedamos invitados/as a pasar pos Casa Laura e probar a súa tortilla.

GRACIÑAS!!!!