xoves, 22 de febreiro de 2018

Visita de Gonzalo Moure

Hoxe visitounos Gonzalo Moure, o autor do libro “Palabras de Caramelo”.

Díxonos de onde era e de que traballara antes ser escritor.

Tamén que, de novo, estivo no cárcere por defender a liberdade das persoas.

Falounos do seu primeiro amor, que xurdiu por un concurso de “Cocacola”.

Gañou un tocadiscos e unha viaxe a Italia coa segunda gañadora.

Deunos unha receita para facer polo á cocacola.

Contounos que a historia de Kori e Caramelo escribiuna despois de coñecer

- nunha das súas visitas ao Sáhara- a Fatimetsu, unha nena saharauí xorda que quería ser mestra.

Gonzalo aclarounos que el non escribe historias para nenos, senón que os seus libros son “historias sobre nenos”.

Escribiu outros moitos libros , pero “Palabras de Caramelo” é o seu favorito.

Despois de respondernos a moitas preguntas, firmounos o libro, sempre cun sorriso nos beizos.

Para min foi todo un honor que me firmara o libro un autor tan coñecido e tan grande,

que non fai os seus libros cun ordenador, senón que os fai co corazón e coa alma.

A profe xa nos dixera que era un home“ engaioalante”. E non se equivocou.

( Texto elaborado coas aportacións de varios alumnos de 5º)

IMG-20180222-WA0002IMG-20180222-WA0010IMG-20180222-WA0008

IMG-20180222-WA0003IMG-20180222-WA0004IMG-20180222-WA0009

IMG-20180222-WA0006IMG-20180222-WA0007

Ningún comentario:

Publicar un comentario