Este día houbo varias actividades no noso centro.
- No pavillón do cole participamos nun concurso de Pasapalabra,
onde as definicións estaban relacionadas coa non discriminación e contra a violencia hacia as mulleres.
Os rapaces organizáronse por grupos mesturados por idades.
Entre todos debían buscar as solucións.
Conseguíronno!!
- En colaboración co concello,viñeron a visitarnos algunha das avoas homenaxeadas pola súa vida ,exemplo de
esforzos e traballos.Unha delas foi Lita,avóa de Silvia, que nos contou moitas historias da súa infancia e mocidade.
- Tamén acudiu ao centro unha mamá mariscadora que nos veu falar do seu traballo .
Esta entrevista e un resumo das actividades que fixeron os alumnos a continuación, foi gravado pola TVG
para o programa “A mellor ameixa do mundo”,que será emitido cerca do verán.
- Parte do profesorado participou na manifestación do “Día da muller”.
- Recollida posterior de todas as novas que saian nos xornais sobre estas actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario