luns, 26 de marzo de 2018

Certame de Poesía 20 de Marzo


O venres 23 de marzo entregáronse os premios aos gañadores/as do V CERTAME DE POESÍA

no Ceip Isidora Riestra.Houbo moita participación por parte do alumnado e foi difícil tomar

a decisión final.

Este foi o resultado:

         Categoría    1º    Antía Mora Cochón

             “               2º   Irene Carballa     e   Javier Fernández

        Categoría    3º    Soraya Neira

            “               4º    Maria Petrache

        Categoría    5º   Nicolás Alonso

             “              6º   Samuel Alonso


       Categoría     Inglés       Laura Villanueva

       Categoría    Adultos     Marcos Martínez Sueiro


      Noraboa aos/as premiados/as !!!!

IMG-20180324-WA0002IMG-20180324-WA0003IMG-20180324-WA0001

IMG-20180324-WA0000

domingo, 25 de marzo de 2018


Aquí deixamos un adianto...

        

VID 20180322 WA0015

















O pasado 22 de marzo os nenos e nenas de segundo de primaria participaron
 na gravación do programa da TVG :"A mellor ameixa do mundo".
Foron actores protagonistas e explicaron con soltura diante das cámaras todo
 o que tiñan aprendido das ameixas e do traballo do marisqueo.
Axiña nos comunicarán a data de emisión para que todos poidamos disfrutalo.

xoves, 22 de marzo de 2018

Visita de Paula Carballeira

IMG-20180322-WA0022

Onte visitounos a escritora e contacontos Paula Carballeira.

Veunos a falar do libro que acabamos de ler en terceiro e cuarto,”Bruxa e familia”.

Unha vez mais nenos ,nenas e profes quedamos encantadísimos co seu libro e coa sua presencia.

Unha nena regaloulle un poema que ela agradeceu e colgou no Facebook.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d180140299k3820876o1l1/visita-de-paula-carballeira

domingo, 11 de marzo de 2018

Semana da prensa

Durante esta semana do 5 ao 9 de marzo commemoramos a semana da prensa no cole.

Todo o alumnado fixo actividades relacionadas co xornal e coas novas que saen nel.

En primeiro diferenciaron titulares,en segundo partes da noticia…e así en todas las

clases de forma que os xornais pasaron a ser parte do material necesario

na mesa de rapaces e profesores.

No corredor da biblioteca situouse o KIOSCO onde podíamos atopar xornais

e revistas de todo tipo e lugares.

20180312_100305   

20180312_10054320180312_10055620180312_10063720180312_100657

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo DÍA DA MULLER

20180308_141036

  Este día houbo varias actividades no noso centro.

  • No pavillón do cole participamos nun concurso de Pasapalabra,

onde as definicións estaban relacionadas coa non discriminación e contra a violencia hacia as mulleres.

Os rapaces organizáronse por grupos mesturados por idades.

Entre todos debían buscar as solucións.

Conseguíronno!!

20180308_12290920180308_12362120180308_123627

20180308_12363620180308_123646

  • En colaboración co concello,viñeron a visitarnos algunha das avoas homenaxeadas pola súa vida ,exemplo de

esforzos e traballos.Unha delas foi Lita,avóa de Silvia, que nos contou moitas historias da súa infancia e mocidade.

  • Tamén acudiu ao centro unha mamá mariscadora que nos veu falar do seu traballo .

Esta entrevista e un resumo das actividades que fixeron os alumnos a continuación, foi gravado pola TVG

para o programa “A mellor ameixa do mundo”,que será emitido cerca do verán.

  • Parte do profesorado participou na manifestación do “Día da muller”.
  • Recollida posterior de todas as novas que saian nos xornais sobre estas actividades.

xoves, 8 de marzo de 2018

Visita de Ángela

Ángela é a avóa de Silvia,unha alumna do colexio.

Hoxe veu a visitarnos e a contarnos cousas da súa vida.

Contounos que foi mariscadora,xornaleira e nai de catro fillos …  

Todo ao mismo tempo!

Falou do difícil da infancia no seus tempos,

de cando deixou de ir ao cole e con doce anos empezou a traballar…

Historia viva da nosa cidade.

Foi elexida con outras catro mulleres de Poio para darlles unha homenaxe

polo seu exemplo de mulleres traballadoras.

IMG_6644    IMG_6648IMG_6654   

   IMG_6650IMG_6650(1)

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/03/04/poio-homenajeara-dia-mujer-cinco/1848598.html

Polo correo do vento

Este xoves tivemos a visita dos compoñentes de “Polo correo do vento” que viñeron a falarnos

de Maruja Mallo.Presentáronnos os seus libros e faláronnos da interesante vida e obra

de esta pintora.Para rematar guiáronnos para realizar unha caricatura de Maruja.

Os resultados foron incribles!!!

                   20180307_122358                 20180307_122945

 20180307_122028  20180307_121448[1]

20180307_123605   20180307_125142   20180307_124732

       20180307_125002     20180307_125950[1]

xoves, 1 de marzo de 2018

Cambios na biblioteca

Este curso e gracias ao PLAMBE,estamos a facer cambios na biblioteca do cole.

Empezamos por baleirar os andeis de libros e aproveitamos para espurgar os máis estropeados.

Fixemos obras para mellorar o aillamento,como cambiar as fiestras e colocamos unha porta que

da directamente ao exterior por motivos de seguridade.

Cambiamos algúns mobles de lugar e mercáronse outros para darlle á biblioteca  alegría e luz….

Aínda quedan cousas por facer pero ao alumnado, encantáronlle os arranxos.

20171214_113746[1]20171214_114114[1]20180123_115717[1]

20180117_115246[1]20180117_115221[1]

20180123_115706[1] 20180123_191956[1] 20180123_191255[1]



20180301_110015[1]20180301_105913(0)[1]