martes, 18 de decembro de 2018
Visitounos Rocío Garrido Caramés
Onte veunos visitar a biblio do cole a escritora Rocío Garrido Caramés, que traía con ela
un libriño que nos quería presentar…. “Receitas pequerrechas”. Este libro ademais de receitas
riquísimas que poden facer os rapaces sos, ten outro aliciente e que dous dos protagonistas
do mesmo son alumnos do noso cole : Iker e Diego
Rapazas e rapaces de 1º e 2º de primaria acudiron contentos sen saber moi ben o
que os agardaba.
Comezaron cunha cata a cegas de distintos ingredientes,uns doces e outros… non tanto.
Despois cubriron unha ficha do que crían que tiñan probado. E a maior parte acertaron!
Para rematar Rocío convidounos a realizar unha das suas receitas.
O comezo foi algo pegañento pero o resultado foi ben saboroso!
Gracias, Rocío por facernos pasar unha tarde tan estupenda.
Ademais de levar unhas trufas caseiras para merendar !
venres, 30 de novembro de 2018
Mes da ciencia no Isidora Riestra
Remata o mes de novembro, que adicamos as ciencias no noso colexio.
Comezou coa visita dos científicos de Ciencia en movemento que explicaron
con exprimentos moitos fenómenos que nos pareceron casi máxicos.
Estes experimentos que aprenderon os e as rapazas de 3º e 4º, trasladaronllos
despois aos mais pequerrechos….
Houbo un museo da ciencia onde estaba prohibido non tocar e onde os rapaces e rapazas
de 5º e 6º disfrutaron a tope.
Tivemos explicacións de maquetas do sistema Solar e outros experimentos por parte das
rapazas de 5º aos seus compañeiros de cursos inferiores.
Os rapaces e rapazas de 3º experimentaron con “volcáns” e fixeron simulacións de erupcións
pero sen nada de perigo.
Isto non remata aquí, é so o comezo e de seguro os neos e nenas do colexio aprenderan moitos
novos experimentos que poderán explicarnos nas próximas edicións do Mes da ciencia.
Tedes máis información no seguinte enlace ou na páxina do cole.
xoves, 15 de novembro de 2018
Os dinosaurios andan polo colexio
Algo anda a acontecer no noso colexio.Apareceu un ovo que vai medrando e mesmo parece
que latexa…
Hoxe por fín soubemos o que era… Un DINOSAURIO!!!
Seguímolo e encontramolo na exposición da praza de touros en Pontevedra!!!
Pasámolo xenial!! Algúns rapaces eran auténticos expertos no tema!
Dende a biblioteca preparamos unha exposición de libros sobre os dinosaurios para aprender
moitas cousas máis !!
martes, 13 de novembro de 2018
Novembro: Mes da ciencia en galego
Hoxe comenzamos coas distintas actividades que se levarán a cabo este mes de novembro para
difundir traballos científicos e experimentos entre o alumnado de terceiro e cuarto.
Próximamente contiunaremos con outros cursos.
Visitaronnos os integrantes de Ciencia en movemento…
Suso e Lana fixeron rir e tamén deron algún que outro susto cos seus experimentos sobre a
electricidade estática,a presión,a propiedades da auga…mesmo fixeron uns submarinos…
Asi aprender faise doado e moi divertido!!!
venres, 9 de novembro de 2018
Concurso de debuxo e relatos de medo
mércores, 31 de outubro de 2018
Concurso de contos de medo
Neste día de Halloween, os nenos e nenas do Isidora Riestra,viñeron disfrazados
de cabazas e outros monstruos e acudiron as diversas aulas para facer o Truco ou
Trato, coas profes de Inglés.
Os corredores estaban adornados con centos de cabazas terroríficas.
Tendes mais información na páxina do cole : ceipisidorariestra@edu.xunta.es
As familias colaboraron nos obradoiros tanto valeirando cabazas, como elaborando
merendas terroríficas e outras manualidades.
A biblioteca fixo unha exposición de contos de medo e organizou, en colaboración
con dinamización lingüística, un concurso sobre o Samaín,para todo o alumnado.
Houbo moita participación tanto en relatos de medo coma en debuxos de Samaín.
Os gañadores e gañadoras daránse a coñecer o próximo venres 9 de novembro.