30 de xaneiro
Hoxe, Día da Paz ,recordamos desde o noso centro a figura de catro activistas
indíxenas que loitaron pola defensa do medioambiente e pola paz nos seus países,
chegando a dar algunha, incluso a súa vida,como no caso de Berta Cáceres.
.
As outras mulleres homenaxeadas son :
Lolita Chavez ,Lorena Cabnal e Rigoberta Menchú.
O alumnado realizou estes murais que están colocados no corredor da biblioteca.
Estaban previstas para hoxe outras actuacións no exterior do centro que debido o mal tempo
foron pospostas para os próximos días.
Ademáis na hora do “Plan Lector” desta semana ,catro alumnas representaron na biblioteca
a escenificación dunha entrevista a estas mulleres de Paz e que poderán ver os alumnos e que
colgaremos neste blog en breve.