martes, 18 de decembro de 2018
Visitounos Rocío Garrido Caramés
Onte veunos visitar a biblio do cole a escritora Rocío Garrido Caramés, que traía con ela
un libriño que nos quería presentar…. “Receitas pequerrechas”. Este libro ademais de receitas
riquísimas que poden facer os rapaces sos, ten outro aliciente e que dous dos protagonistas
do mesmo son alumnos do noso cole : Iker e Diego
Rapazas e rapaces de 1º e 2º de primaria acudiron contentos sen saber moi ben o
que os agardaba.
Comezaron cunha cata a cegas de distintos ingredientes,uns doces e outros… non tanto.
Despois cubriron unha ficha do que crían que tiñan probado. E a maior parte acertaron!
Para rematar Rocío convidounos a realizar unha das suas receitas.
O comezo foi algo pegañento pero o resultado foi ben saboroso!
Gracias, Rocío por facernos pasar unha tarde tan estupenda.
Ademais de levar unhas trufas caseiras para merendar !
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)