martes, 29 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO

O CEIP ISIDORA RIESTRA CONMEMORA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON DIFERENTES ACTIVIDADES.

PONLLE CARA A UNHA MULLER:

AS NENAS DO CENTRO REALIZAN CORPOS DE MULLERES QUE SE COLOCAN NO PAVILLÓN , OS ALUMNOS DEBEN POÑERLLE A CARA A ESAS MULLERES: MÉDICAS, BOMBEIRAS, MESTRAS, ROQUEIRAS...




ALUMNAS DE 5º LERON UN MANIFESTO RELACIONADO COA VIOLENCIA DE XÉNERO.


@S ALUMN@S DE INFANTIL, ELABORARON  COAS SÚAS PEGADAS UNHA FLOR  DE COR VIOLETA QUE COMPARTIRON  CON TODO O ALUMNADO DO CENTRO.



O ALUMNADO DE 1º REALIZOU CARTEIS ALUSIVOS  AO TEMA.







martes, 15 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO,DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alibrín recórdavos que o vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Contra a Violencia de Xénero e por iso vos recomenda algún libro para abordar este tema.
                                                         


 

 
 Tamén quere compartir con vós algún enlace que vos permite ver vídeos destes libros.





Exposición temporal na biblioteca.




martes, 8 de novembro de 2016

Outubro monstruoso!!!


En colaboración con outros equipos do centro organizouse no cole un outubro monstruoso con contacontos variados, o túnel do terror e dramatizacións.
  • Contacontos SAMAÍN.
Un feitizo transformou a profes e alumnas en bruxas contadoras de historias.
A lenda de Jack Linterna

Para os máis maiores A lenda do espantallo


Bruxas de Roalh Dahl para celebrar Halloween
TREAT OR TRICK para Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria

Ademais cabazas decoradas, receitas de cociña e pratos suculentos, sala do terror....

Deliciosos manxares.


MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

Concurso: QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI?


Co gallo do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, convocamos un concurso no que alumnas e alumnos poden expresar a través de relatos, comics, contos, debuxos,... o que eles senten que é unha biblioteca.

 O concurso tivo moi boa acollida e gran participación.



Os premiados foron Gael, Maia, Marua, Iria e Diego. 
NORABOA!!






Apertura do curso 2016-2017

O  luns 3 de outubro reabriuse a biblioteca do CEIP Isidora Riestra con moitas novidades nas súas estanteria.
Alibrín, a nosa mascota, presentoulle a biblio e o seu funcionamento ao  novo alumnado.