sábado, 28 de maio de 2016

VISITA DO ALUMNADO DO IES LUIS SEOANE.

ALUMNOS DO IES LUIS SEOANE ACHÉGANSE AO NOSO COLE PARA DELEITARNOS COAS MELLORES CANCIÓNS DE DISNEY: 'UN MUNDO IDEAL' DE 'ALADDIN', 'HAKUNA MATATA' DE 'EL REY LEÓN', 'BAJO EL MAR' DE 'LA SIRENITA', 'ERES TÚ EL PRÍNCIPE AZUL' DE 'LA BELLA DURMIENTE´ ...
TAMÉN FIXERON  UNHA REPRESENTACIÓN DE FÁBULAS MOI COÑECIDAS: “A LEITEIRA”,  “O LEÓN E O RATO”, “ A RATIÑA PRESUMIDA”, “ O PASTOR MENTIREIRO”…

CANTO DISFRUTAMOS!!!!


    
 

 

 

venres, 27 de maio de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA DO CEIP ISIDORA RIESTRA.

Por terceiro ano consecutivo, no CEIP Isidora Riestra celebramos un concurso de poesía coa participación aberta á toda a Comunidade Educativa.
Os poemas podían escribirse en galego, castelán ou inglés; o galego, foi  o idioma  elixido pola  maioría dos participantes.
Os premios establecéronse por niveis entre o alumnado e  un único premio para adultos.

Nos poemas gañadores atopamos fermosas palabras dos nenos  que nos falaron dun mundo mellor, de agasallos, de folerpas, de raios de Sol, dos nenos refuxiados e mesmo do cociñeiro Ramón.
“ Escribo mentres vivo; vivo, sempre que escribo”... remataba o poema gañador da categoría de adultos.









 2º- Pablo Fernández Prado “Siria”. POEMA 3º-Sergine Falou Faye “Ya llegó el verano”. POEMA 4º Fernando Otero González “El cocinero Ramón”. POEMA
   
Alejandro Gabián Cochón ”A un neno refuxiado”. POEMA.
Adriana Agulla Fernández “Regalo sorrisos”. POEMA
 6º- Alba Souto Fernández “Buscando un mundo mellor”.POEMA Adultos: Faustino Ucha “Mil versos”. POEMA
Os nosos presentadores: Eva e MiguelMención especial en fala inglesa: Martín Amorín González “A long day”. POEMA




            

martes, 17 de maio de 2016

PREMIOS "XAIME ILLA" 2016

O DÍA 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, TEN LUGAR A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO "XAIME ILLA COUTO".
DO CEIP ISIDORA RIESTRA RESULTAN PREMIADOS TRES NENOS/AS E UN MESTRE:
NA CATEGORÍA B: ALEJANDRO ALONSO EN POESÍA (4ºB) E LAURA I. CASALDERREY EN RELATO CURTO (4ºA).
NA CATEGORÍA C: SARA ALBAR EN RELATO CURTO (6ºA)
NA CATEGORÍA F: O PROFE SANTI.

 


 
 


             PARABÉNS!!!!



martes, 10 de maio de 2016

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA



VISITA O NOSO COLE PAULA CARBALLEIRA, AUTORA DALGÚN DOS CONTOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA. 




OS ALUMNOS DE CUARTO REPRESENTARON UNHA DAS SÚAS OBRAS:
 "O LOBISHOME ", COMO RECOÑECEMENTO ACUDE AO COLE A AUTORA, QUE DELEITA AOS ALUNMOS DE CUARTO E  INFANTIL, COA SÚA SIMPATÍA E EXPRESIVIDADE.
CON ELA SENTIMOS: MEDO, SORPRESA E TAMÉN  RIMOS MOITO. 
CONTOUNOS ANÉCDOTAS DA SÚA INFANCIA COS SEUS IRMÁNS, DE COMO DISFRUTABA CONTANDO CONTOS.
PARA REMATAR, CONTOUNOS O CONTO DUN CORVO QUE BUSCABA NOIVA...


 

 
     
     


VISITA DE ANXO MOURE

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO, DISFRUTARON DA VISITA DE ANXO MOURE, QUE APARECEU COMO ARRASTRADO POLO VENTO NA SÚA NUBINETA.

ANXO CONTOUNOS CONTOS DE LOBOS, ÁRBORES QUE MEDRABAN NUNHA BOTA, XACIAS, PARAUGAS, ETC. PERO ANTE TODO, NO QUE MÁIS INCIDIU FOI NA IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIOAMBIENTE.

DA SÚA  MOCHILA FOI SACANDO OBXECTOS MOI EXTRAVAGANTES: UN GORRO DE XACIA, UN BONECO, UNHA CHOCA...CANTO DISFRUTAMOS E COMO NOS RIMOS!!!

 
                         

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA



 O LUNS 25 DE ABRIL, O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO DO CEIP ISIDORA RIESTRA, RECIBIRON A VISITA INESPERADA DUN ANIMADOR Á LECTURA.
NA AULA DE AUDIOVISUAIS DISFRUTARON: CONTANDO HISTORIAS, TRABALINGUAS, SUBIDAS AO ESCENARIO,ETC.
RÍRONSE, ASUSTÁRONSE, PERO SOBRE TODO SORPRENDÉRONSE COA MAXIA DOS LIBROS.
DESCRIPCIÓN FEITA POLA ALUMNA: LAURA VILLANUEVA MÉNDEZ.



luns, 9 de maio de 2016

REMATE DA SEMANA DO LIBRO.

O VENRES 29, REMATA A SEMANA DO LIBRO. AS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA ESTE DÍA SON:
 A DRAMATIZACIÓN DO CAPÍTULO:" LAS BODAS DE CAMACHO".
ADIVIÑAS PROPOSTAS POLO ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL.
CANCIÓN DOS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL
E UNS SKETCHS ELABORADOS POR ALUNNOS DE 2º.