martes, 13 de decembro de 2016

PREPARANDO O NADAL

                                                                                                                                                                       

                                

martes, 29 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO

O CEIP ISIDORA RIESTRA CONMEMORA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON DIFERENTES ACTIVIDADES.

PONLLE CARA A UNHA MULLER:

AS NENAS DO CENTRO REALIZAN CORPOS DE MULLERES QUE SE COLOCAN NO PAVILLÓN , OS ALUMNOS DEBEN POÑERLLE A CARA A ESAS MULLERES: MÉDICAS, BOMBEIRAS, MESTRAS, ROQUEIRAS...




ALUMNAS DE 5º LERON UN MANIFESTO RELACIONADO COA VIOLENCIA DE XÉNERO.


@S ALUMN@S DE INFANTIL, ELABORARON  COAS SÚAS PEGADAS UNHA FLOR  DE COR VIOLETA QUE COMPARTIRON  CON TODO O ALUMNADO DO CENTRO.



O ALUMNADO DE 1º REALIZOU CARTEIS ALUSIVOS  AO TEMA.







martes, 15 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO,DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alibrín recórdavos que o vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Contra a Violencia de Xénero e por iso vos recomenda algún libro para abordar este tema.
                                                         


 

 
 Tamén quere compartir con vós algún enlace que vos permite ver vídeos destes libros.





Exposición temporal na biblioteca.




martes, 8 de novembro de 2016

Outubro monstruoso!!!


En colaboración con outros equipos do centro organizouse no cole un outubro monstruoso con contacontos variados, o túnel do terror e dramatizacións.
  • Contacontos SAMAÍN.
Un feitizo transformou a profes e alumnas en bruxas contadoras de historias.
A lenda de Jack Linterna

Para os máis maiores A lenda do espantallo


Bruxas de Roalh Dahl para celebrar Halloween
TREAT OR TRICK para Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria

Ademais cabazas decoradas, receitas de cociña e pratos suculentos, sala do terror....

Deliciosos manxares.


MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

Concurso: QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI?


Co gallo do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, convocamos un concurso no que alumnas e alumnos poden expresar a través de relatos, comics, contos, debuxos,... o que eles senten que é unha biblioteca.

 O concurso tivo moi boa acollida e gran participación.



Os premiados foron Gael, Maia, Marua, Iria e Diego. 
NORABOA!!






Apertura do curso 2016-2017

O  luns 3 de outubro reabriuse a biblioteca do CEIP Isidora Riestra con moitas novidades nas súas estanteria.
Alibrín, a nosa mascota, presentoulle a biblio e o seu funcionamento ao  novo alumnado.



sábado, 28 de maio de 2016

VISITA DO ALUMNADO DO IES LUIS SEOANE.

ALUMNOS DO IES LUIS SEOANE ACHÉGANSE AO NOSO COLE PARA DELEITARNOS COAS MELLORES CANCIÓNS DE DISNEY: 'UN MUNDO IDEAL' DE 'ALADDIN', 'HAKUNA MATATA' DE 'EL REY LEÓN', 'BAJO EL MAR' DE 'LA SIRENITA', 'ERES TÚ EL PRÍNCIPE AZUL' DE 'LA BELLA DURMIENTE´ ...
TAMÉN FIXERON  UNHA REPRESENTACIÓN DE FÁBULAS MOI COÑECIDAS: “A LEITEIRA”,  “O LEÓN E O RATO”, “ A RATIÑA PRESUMIDA”, “ O PASTOR MENTIREIRO”…

CANTO DISFRUTAMOS!!!!